Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convocou máis de 27.700 prazas formativas durante 2015

    A Escola / Venres, 8 de Xaneiro de 2016.

    Durante o ano 2015 a Escola Galega de Administración Pública consolidou o seu compromiso coa formación e a divulgación a través da convocatoria de 596 actividades e 27.763 prazas, o que supón superar as cifras do ano anterior nun 8,7 por cento no número de actividades e nun 9,5 por cento no número de prazas.


    O número de edicións e prazas formativas mencionado é o resultado de sumar as actividades convocadas especificamente para o persoal das administracións autonómica, local, de xustiza, para o persoal de administración e servizos das universidades galegas, dos órganos institucionais e entes instrumentais da Administración pública, as actividades realizadas mediante convenio, os cursos superiores e de especialización, os cursos monográficos, as xornadas e a formación inicial en prevención de riscos laborais para o persoal de novo ingreso.

    Cómpre destacar o camiño de integración de colectivos aos que a EGAP ofrece formación iniciado no ano 2014. Así, ademais do persoal da Administración autonómica, local e de xustiza a Escola incluíu ao persoal de administración e servizos das tres universidades galegas e no 2015 ao persoal de órganos institucionais e entes instrumentais vinculados á Xunta de Galicia.

    A integración de todos estes colectivos permítelle á Administración racionalizar a formación impartida a través da creación de economías de escala. Deste xeito, a EGAP consigue un mellor aproveitamento dos seus contidos e recursos humanos e como consecuencia os empregados públicos poden acceder a máis cursos.

    Por outra banda, a formación continua impartida pola EGAP segue a apostar polas novas tecnoloxías a través da integración total das modalidades de autoformación e teleformación. Así, durante 2015, estas dúas modalidades supuxeron máis da metade de toda a actividade de formación continua convocada pola Escola. Este tipo de formación consolida unha forma de ensino que axuda a eliminar barreiras e favorece a conciliación da vida familiar e laboral, á vez que sirve para achegar a formación a un maior número de persoas a menor custo.

    Formación específica para o persoal de cada Administración
    Dentro dun contorno social, lexislativo e económico cambiante, a Escola responsabilízase da formación dos empregados públicos das diferentes administracións galegas co fin de que adquiran novas competencias que axuden a promover a súa profesionalización e continua reciclaxe. Deste xeito, o programa de formación desenvolto anualmente pola EGAP constitúe un factor relevante para incrementar a produtividade da Administración, permitíndolle acadar os seus obxectivos de eficacia e de modernización.

    No caso da formación específica para o persoal da Administración autonómica a EGAP convocou 373 actividades, un 11,6 por cento máis ca no ano anterior, e 17.090 prazas, un 12 por cento máis ca no ano anterior.

    Este incremento tamén se viu reflectido nas actividades para o persoal da Administración de xustiza -cun 39,3 por cento máis de actividades e un 33 por cento máis de prazas ca no 2014-, para o persoal da Administración local –cun 200 por cento máis de actividades e un 124,7 por cento máis de prazas- e para o persoal de administración e servizos das universidades galegas –cun 19,4 por cento máis de prazas-.

    Finalmente, a aplicación da Lei do empregado público de Galicia levou á Escola a crear un programa formativo en exclusiva para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público e nas institucións públicas autonómicas de Galicia, composto por 21 actividades e 650 prazas nas modalidades presencial, de teleformación e autoformación.

    Unha formación aberta á cidadanía
    A través dos cursos superiores e de especialización, dos cursos monográficos e das xornadas a EGAP estase a consolidar como unha institución aberta a toda persoa interesada naqueles aspectos de actualidade relevantes e incidentes no funcionamento da Administración pública. Deste xeito, favorécese unha formación especializada para aqueles profesionais que traballan en contacto directo coa Administración e posibilítase unha maior aproximación da cidadanía ao eido público.

    Baixo estas premisas, durante o ano 2015 a EGAP convocou seis cursos superiores e de especialización, cun total de 280 prazas, e sete cursos monográficos e oito xornadas que recibiron 1.314 e 1.073 inscricións respectivamente.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 425 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212