Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre expropiación forzosa e valoracións

    Cursos / Mércores, 10 de febreiro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Xurado de Expropiación de Galicia, o curso Expropiación forzosa e valoracións: procedemento expropiatorio, métodos de valoración e a súa aplicación polo Xurado de Expropiación de Galicia para a determinación do xustiprezo.


    Esta actividade ten como obxectivos ofrecer un coñecemento especializado, eminentemente práctico, no ámbito da determinación e valoración do xustiprezo expropiatorio, fundamentalmente nos métodos de valoración do solo, e na valoración de bens e dereitos expropiados, dende a experiencia e conforme aos criterios seguidos polo Xurado de Expropiación de Galicia. Trátase de proporcionar aos destinatarios do curso unha visión práctica e realista da complexa materia das actuacións en materia de expropiación da Xunta de Galicia e dos municipios da Comunidade Autónoma, analizando cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo.

    Prazas: 27
    Destinatarios: 16 prazas teñen como destinatarios aos empregados públicos das Administracións públicas de Galicia (subgrupos A1 e A2 do persoal funcionario e grupos I e II do persoal laboral), tanto da autonómica como da local, e das Universidades do Sistema Universitario de Galicia, que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Ás 11 prazas restantes poderán optar os profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
    Inscrición: dende o 11 ata o 22 de febreiro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Duración: 64 horas
    Datas: dende o 23 de febreiro ata o 21 de xuño de 2016
    Horario: os martes, entre as 16.30 e as 20.45 horas
    Máis información na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 433 de 759
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia