Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre rexeneración democrática e institucional

    Cursos / Martes, 29 de Marzo de 2016.

    A EGAP convoca no DOG do 29 de marzo un curso monográfico que ten como obxectivos abordar, desde unha perspectiva interdisciplinar, os desafíos aos que deben facer fronte as institucións públicas para favorecer a rexeneración democrática; promover o debate acerca da transparencia, a participación, o control da actividade pública por parte da cidadanía, a rendición de contas e a prevención e loita contra a corrupción; analizar aquelas accións que se han de acometer para mellorar a calidade democrática das institucións; e pór de manifesto o papel da xustiza e o labor dos medios de comunicación na rexeneración democrática e institucional.


    Destinatarios: empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: salón de actos da EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 12 e 13 de abril
    Horario: 12 de abril, mañá e tarde; 13 de abril, mañá
    Duración: 12 horas
    Inscrición: desde o 30 de marzo ata as 11.00 horas do 11 de abril na zona de matrícula da EGAP
    Máis información: na ficha do curso ou no DOG
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 454 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212