Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Mércores, 1 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública -en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- convoca no DOG do 1 de xuño cinco cursos do nivel superior de linguaxe administrativa galega para o persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.



    Estas actividades van dirixidas:
    • ao PAS das universidades galegas
    • aos empregados públicos que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e nas institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua
    • aos empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia
    • aos empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia
    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do día 2 de xuño ata as 14.00 horas do día 11 de xuño de 2016. Cada persoa só poderá solicitar unha edición do curso convocado.

    Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, o curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2º do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

    Os cinco cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

    UN16046. Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 12 de novembro

    EP16044. Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 12 de novembro

    LO16042. Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 12 de novembro

    FC16263. Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 11 de novembro
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 11 de novembro
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 11 de novembro
    Teleformación 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro 11 de novembro

    FC16262. Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Horario Exame final
    Presencial (Santiago1) 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro de 8 a 10h 12 de novembro
    Presencial (Santiago2) 75 30 do 5 de setembro ao 6 de novembro de 8 a 10h 12 de novembro

    As probas finais presenciais terán lugar na sede da EGAP, en Santiago de Compostela.

    Máis información: no DOG núm.103, nos teléfonos 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal



  •   Anterior Seguinte  
    Pax 484 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212