Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP abordará no próximo número da revista A&C os desafíos da inmigración e das persoas refuxiadas

    Publicacións / Mércores, 22 de Xuño de 2016.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido do volume 11, número 1.


    O próximo exemplar de A&C incluirá catro artigos que profundarán nos desafíos que supoñen as migracións e as persoas refuxiadas no contexto actual. Así, Javier de Lucas publica unha análise das actuacións levadas a cabo neste eido dentro da Unión Europea, mentres que Belén Fernandez trata no seu texto a evolución das políticas de integración no ámbito autonómico e municipal. Por outra banda, Antonio Izquierdo aborda o papel que xogan os movementos migratorios na estrutura demográfica galega e Paula Alonso amosa unha comparativa entre a escolarización dos adolescentes migrantes e non migrantes.

    Dentro do novo volume da revista tamén se analiza a xestión da calidade dentro da Comunidade Autónoma de Galicia a través dun artigo elaborado por Miguel Anxo Bastos e Javier Seijo.

    Finalmente, durante esta reunión procedeuse a elixir a crónica que completará o contido deste último número, o cal se publicará proximamente en formato dixital na páxina web da EGAP para a súa libre descarga.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 495 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212