Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 16 de Maio de 2017.

    Co gallo do Día das Letras Galegas e de render homenaxe á figura de Carlos Casares, a Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 16 de maio as bases dun concurso de literatura infantil e xuvenil destinado ás nenas e aos nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.


    As nenas e os nenos interesados en participar deberán redactar un conto en lingua galega de temática libre. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

    A solicitude, que deberá formalizarse segundo o modelo do anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, irá acompañada dun sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición «Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas», no cal constarán o pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá:

    1. O texto do conto en folio formato A4. Na cabeceira indicaranse exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo. Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.

    2. Un sobre pequeno pechado no cal constará o pseudónimo e o título do conto. Este sobre conterá os seguintes documentos:
    • Boletín de inscrición (anexo II), que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
    • Fotocopia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso.

    Prazo e lugar de presentación de solicitudes: desde o 17 de maio ata o 16 de xuño. As solicitudes, xunto co sobre pechado, deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Dotación:
    Categorías De 9 a 11 anos De 12 a 14 anos
    1º premio 250 euros 250 euros
    2º premio 200 euros 200 euros
    3º premio 150 euros 150 euros

    Máis información no DOG do 16 de maio
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 587 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212