Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca 79 actividades formativas para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Luns, 5 de Xuño de 2017.

    A EGAP convoca no DOG do 5 de xuño un total de 79 edicións e 2570 prazas destinadas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. 


    Poderán participar nestas accións formativas os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Está exceptuado o persoal das entidades públicas instrumentais e das institucións públicas autonómicas que non consten na base de datos da Dirección Xeral de Función Publica como empregado público autonómico por ser persoal propio do ente ou institución pública.

    Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza no epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

    Matrícula: desde as 8 horas do 6 de xuño ata as 14 horas do 15 de xuño en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Número máximo de solicitudes: cinco

    Máis información no DOG do 5 de xuño

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 590 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212