Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Como traballar a educación emocional infantil

    Cursos / Xoves, 21 de Setembro de 2017.

    A EGAP acollerá os días 9, 10 e 11 de outubro o curso Como traballar a educación emocional infantil, co fin de  achegar ao alumnado os fundamentos das emocións e a xestión emocional como algo que se aprende nas relacións de coidado (especialmente no ámbito afectivo familiar e educativo) e que é a base da seguridade emocional necesaria para un adecuado desenvolvemento psicosocial.


    Destinatarios: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral. Dado o seu carácter práctico resulta especialmente aconsellable para psicólogos, pedagogos, persoal das escolas infantís, educadores/as ou auxiliares coidadores/as e outros profesionais relacionados coa educación infantil, máis aínda para aqueles que traballen con nenos en risco ou con necesidades especiais.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Datas: 9, 10 e 11 de outubro de 2017.
    Horario: o día 9 de outubro, en horario das 9.00 ás 14.00 horas; os días 10 e 11 de outubro, en horario das 16.00 ás 20.30 horas.
    Duración: 14 horas lectivas.
    Número de prazas: 60.
    Inscrición: desde as 8 horas do 22 de setembro ata as 23 horas do 3 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula/

    Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo a novas.egap@xunta.gal, achegando, de ser o caso, a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen.

    Máis información no DOG do 21 de setembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 612 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212