Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP aposta por promover un modelo de urbanismo que contribúa a un desenvolvemento máis racional e equilibrado do territorio

    Cursos / Martes, 21 de Novembro de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, inauguraron esta mañá na EGAP o curso monográfico A nova configuración xurídica do urbanismo e do patrimonio cultural en Galicia.


    Durante o acto, a directora da EGAP recoñeceu que nos últimos anos se produciron importantes avances na creación dunha conciencia colectiva favorable ao urbanismo sustentable, o que debe ser entendido como unha oportunidade para repensar a actividade urbanística, apoiando un modelo que contribúa a un desenvolvemento máis racional e equilibrado do territorio e que axude a protexer a nosa paisaxe.

    Sonia Rodríguez-Campos sinalou como un dos principais problemas do urbanismo a falta de cumprimento da lexislación vixente. Para contribuír a atallar esta lacra, recomendou ofrecer unha formación especializada para aquelas persoas que se dedican ao urbanismo, non só no eido da Administración pública, senón tamén entre os que dende as súas profesións privadas desenvolven os seus traballos neste campo.

    Finalmente, a directora do organismo destacou a formación ofrecida pola EGAP nos últimos anos en materia urbanística e puxo en valor o carácter práctico e rigoroso deste curso monográfico, ao que asistiron 280 persoas.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 629 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212