Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornadas informativas sobre a Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia

    Xornadas / Xoves, 3 de Maio de 2018.

    A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza na Escola Galega de Administración Pública tres xornadas informativas sobre a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia. 


    XORNADA: A LEI 4/2017, DO 3 DE OUTUBRO, DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑIA DE GALICIA
    Dirixida a
    Axentes medioambientais, vixilantes de recursos naturais e persoal técnico dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
    Datas: 15 e 22 de maio de 2018
    Horario: 09:00 – 13:00
    Lugar: aula 5 da EGAP
    Número máximo de prazas: 80
    Teléfono de contacto: 981 184 585

    PROGRAMA:
    9:00 – 11:00 Contidos da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia
    11:00 – 11:30 Pausa.
    11:30 – 12:30 Aplicación práctica da Lei 4/2017 no ámbito das competencias das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
    12:30 – 13:00 Aplicación Regiac, accesos e utilidades para a autoridade competente.

    Inscrición: Para a asistencia será preciso a inscrición á xornada mediante o envío dun correo electrónico ao seguinte enderezo: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal cos seguintes datos mínimos:
    • Nome e apelidos
    • DNI
    • Teléfono de contacto
    • Enderezo electrónico de contacto
    • Posto que ocupa
    • Centro de traballo
    • Data da xornada á que están interesados en asistir
    Fin do prazo de inscrición: 10 de maio de 2018 ás 11:30 a.m.
    Criterio de selección: Por rigorosa orde de recepción do correo electrónico coa inscrición na caixa de correo anteriormente indicada e ata acadar o número máximo de prazas previstas. A listaxe coas persoas seleccionadas publicarase neste enderezo


    XORNADA: A LEI 4/2017, DO 3 DE OUTUBRO, DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑIA DE GALICIA E AS COMPETENCIAS MUNICIPAIS NESTA MATERIA
    Dirixida a: Peroal técnico e funcionario das corporacións locais.
    Datas: 24 e 31 de maio de 2018
    Horario: 09:00 – 13:00
    Lugar: aula 5 da EGAP
    Número máximo de prazas: 80
    Teléfono de contacto: 981 184 585

    PROGRAMA:
    9:00 – 11:00 Contidos da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia
    11:00 – 11:30 Pausa
    11:30 – 12:30 A Lei 4/2017, do 3 de outubro, no ámbito das competencias municipais
    12:30 – 13:00 Aplicación Regiac, accesos e utilidades para a autoridade competente.

    Inscrición: Para a asistencia será preciso a inscrición á xornada mediante o envío dun correo electrónico ao seguinte enderezo: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal cos seguintes datos mínimos:
    • Nome e apelidos.
    • DNI
    • Teléfono de contacto
    • Enderezo electrónico de contacto
    • Posto que ocupa
    • Concello
    • Data da xornada á que están interesados en asistir
    Fin do prazo de inscrición: 18 de maio de 2018 ás 11:30 a.m.
    Criterio de selección: Por rigorosa orde de recepción do correo electrónico coa inscrición na Caixa de correo anteriormente indicada e ata acadar o número máximo de prazas previstas. A listaxe coas persoas seleccionadas publicarase neste enderezo.

    XORNADA: A LEI 4/2017, DO 3 DE OUTUBRO, DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑIA DE GALICIA E A SÚA APLICACIÓN E AS NOVIDADES NA CRÍA E VENDA DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA
    Dirixida a
    : Centros de cría, criadores/as e tendas de animais de compañía.
    Datas: 7 de xuño de 2018
    Lugar: aula 5 da EGAP
    Número máximo de prazas: 80
    Horario: 09:00 – 13:00
    Teléfono de contacto: 981 184 585

    Programa:
    9:00 – 11:00 Contidos da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia
    11:00 – 11:30 Pausa.
    11:30 – 13:00 Aplicación práctica da Lei 4/2017, do 3 de outubro, na cría e venda de animais de compañía

    Inscrición: Para a asistencia será preciso a inscrición á xornada mediante o envío dun correo electrónico á seguinte caixa de correo: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal cos seguintes datos mínimos:
    • Nome e apelidos.
    • DNI
    • Teléfono de contacto
    • Correo electrónico de contacto
    • Nome do establecemento
    • Concello
    Fin do prazo de inscrición: 24 de maio de 2018 ás 11:30 a.m.
    Criterio de selección: Por rigorosa orde de recepción do correo electrónico coa inscrición na Caixa de correo anteriormente indicada e ata acadar o número máximo de prazas previstas. A listaxe coas persoas seleccionadas publicarase neste enderezo
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 674 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212