Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais en oficinas e despachos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Luns, 21 de Maio de 2018.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso de prevención de riscos laborais en oficinas e despachos dirixido ao persoal do Concello da Coruña.


    Requisitos dos/as participantes: poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que presten servizo no Concello da Coruña, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 15 horas
    Datas: do 4 ao 18 de xuño de 2018
    Proba final presencial: o día 22 de xuño ás 10.00 horas
    Prazas: 50
    Matrícula: das 8 horas do 22 de maio ás 14 horas do 29 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 21 de maio ou na ficha do curso.


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 681 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212