Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP intensifica a formación dos empregados públicos na nova lexislación administrativa básica

    Cursos / Xoves, 25 de Outubro de 2018.

    Esta mañá oitenta empregados públicos iniciaron na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso superior centrado no estudo das leis 39/2015 e 40/2015, unha formación básica para conseguir unha xestión eficiente e eficaz do sector público.


    Durante a inauguración da actividade, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, resaltou o esforzo da Escola por actualizar os coñecementos dos empregados públicos galegos en todas aquelas materias incidentes na Administración que revistan novidade mediante a oferta de formación continua, cursos superiores, cursos monográficos e xornadas. Ademais, destacou a boa acollida destas accións por parte do alumnado, reflectida nas elevadas cifras de matrícula.

    En consecuencia, en 2018 a EGAP intensificou de maneira significativa as actividades relacionadas coa lexislación administrativa básica coa convocatoria de 22 cursos específicos e 1280 prazas. Ademais, fixo extensible esta formación a todos os empregados públicos de Galicia a través do programa de autoformación, unha iniciativa da Escola para ofertar contidos formativos sen límite de prazas.

    Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos destacou a importancia da nova normativa para os empregados públicos pola súa incidencia na organización e funcionamento da Administración. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 714 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212