Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Protección de datos e ciberseguridade

    Cursos / Venres, 7 de Decembro de 2018.

    A EGAP convoca un curso monográfico sobre protección de datos e ciberseguridade co obxectivo de afondar na normativa relacionada coa protección de datos de carácter persoal e a ciberseguridade desde un punto de vista teórico-práctico, sinalando as novidades existentes e dando conta dos puntos máis esenciais e característicos da súa aplicación na Administración pública e, en particular, no ámbito do sistema universitario para, deste xeito, coñecer e analizar o seu funcionamento e dar resposta aos conflitos que xurdan na aplicación da normativa.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público das universidades do Sistema universitario de Galicia en situación de servizo activo ou asimilada. No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, na rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: 18 e 19 de decembro de 2018
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 11 horas lectivas
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
    Inscrición: desde as 8 horas do 8 de decembro ata as 23.55 horas do 16 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula/.

    Todas as persoas solicitantes que sexan persoal empregado público das universidades do Sistema universitario de Galicia en situación de servizo activo ou asimilada deberán enviar, antes de que finalice o prazo de inscrición, un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal en que acheguen a certificación acreditativa de tal condición, para teren preferencia na selección tal como se establece nos puntos 3 e 7 desta resolución.

    Máis información no DOG do 7 de decembro ou na ficha do curso




  •   Anterior Seguinte  
    Pax 724 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212