Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A nova normativa de protección de datos será analizada no próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Martes, 22 de Xaneiro de 2019.

    Esta tarde tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido do número 2 do volume 13 e planificar o número do seguinte semestre.


    O próximo exemplar de Administración&Cidadanía, que estará dispoñible na web da EGAP nas próximas semanas, incluirá un artigo no que se analizará polo miúdo a nova normativa de protección de datos ao redor dun decálogo elaborado polo profesor de Dereito constitucional José Julio Fernández Rodríguez. Ademais, conterá textos sobre o presente e o futuro da democracia; a reforma local; o financiamento local e o futuro do imposto sobre plusvalías; as diferenzas rexionais no gasto sanitario; a economía da administración electrónica e a valoración de documentos nas organizacións a través do Consello de Valoración Documental de Galicia.

    O último número de Administración&Cidadanía completarase cunha recensión sobre o libro de V. Faggiani Los derechos procesales en el Espacio Europeo de Justicia Penal. Técnicas de armonización e unha crónica de La supervisión y control del mercado de seguros en territorio español: delimitación del contrato de seguros en el marco de las operaciones de cobertura.

    Administración & Cidadanía é unha revista creada no ano 2006 que pretende ofrecer un novo enfoque sobre a realidade organizativa e xerencial da Administración pública e achegar novas perspectivas ao estudo dos procesos de intervención pública e do seu impacto desde as perspectivas económica, xurídica, política e sociolóxica.  

    Consulta todos os números publicados aquí.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 735 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212