Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa

    Cursos / Venres, 22 de Febreiro de 2019.

    A EGAP celebrará os días 11 e 12 de marzo en Santiago de Compostela o curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia.


    Obxectivos xerais: estudo dos elementos que integran a competencia administrativa, análise das distintas figuras de modulación competencial e o seu réxime xurídico, exame dos vicios que poden afectar o acto, derivados dun defecto competencial, e as súas consecuencias. Como obxectivo específico estudiaranse situacións concretas que pode xerar a actividade administrativa cotiá, e que poden facer conveniente o uso destas técnicas: en especial, a delegación e a suplencia.
    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Duración: 14 horas lectivas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública
    Datas: 11 e 12 de marzo 
    Horario: de mañá e tarde
    Número de prazas: 70
    Inscrición: desde as 8  horas do 23 de febreiro ata as 23.55 horas do 5 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 22 de febreiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 747 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212