Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso para persoal da Administración local de Galicia sobre a Lei de contratos do sector público

    Cursos / Mércores, 6 de Marzo de 2019.

    A EGAP, en colaboración coa Deputación de Ourense, convoca un curso para o persoal da Administración local de Galicia sobre a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. 


    Persoas participantes: poderán participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración local de Galicia e, en caso de vacante, persoal da Administración autonómica e estatal.
    Matrícula: desde as 8 horas do 7 de marzo ata as 23.55 horas do 20 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula
    Duración: 15 horas
    Datas: 26 de marzo e 2, 9, 23 e 30 de abril de 2019
    Horario: das 17.00 ás 20.00 horas
    Lugar: Ourense, aulas de formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa Progreso, nº 30, 2º)
    Prazas: 40

    Máis información no DOG do 6 de marzo e na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 750 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212