Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP anuncia os actos previstos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 7 de Maio de 2019.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2019 ao escritor, historiador e antropólogo Antón Fraguas Fraguas (1905-1999). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste insigne escritor en lingua galega organizando un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.


    Persoas destinatarias: No acto literario e posterior inauguración da mostra de arte poderá participar calquera persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.
    Desenvolvemento:
    • 15 de maio: ás 12.30 horas, no salón de actos da EGAP, celebrarase un acto literario en que a música Sonsoles Penadique e a contacontos Verónica Rilo interpretarán unha obra en homenaxe ao autor. Ao finalizar o acto, entregaranse os premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas e inaugurarase a Mostra de Arte das Letras Galegas, na cal persoal empregado público da Administración autonómica exhibirá na sede da EGAP, ata o vindeiro 15 de xuño, as súas creacións artísticas.
    • 17 de maio: viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu unha boa parte da vida do autor agasallado.
    Inscrición: As persoas interesadas en participar no acto literario deberán formalizar a súa inscrición en https://egap.xunta.gal/matricula/. O prazo estará aberto dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ata as 23.00 horas do día 13 de maio de 2019.

    Unha vez formalizada a inscrición, as persoas interesadas en participar na viaxe cultural deberán, ademais, enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, no cal indiquen o seu nome, apelidos e datos de contacto, así como o seu vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.

    Máis información no DOG do 7 de maio ou na ficha do curso

    Viaxe cultural LL.GG..: Itinerario e listaxe de persoas seleccionadas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 768 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212