Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de servidumes e limitacións sectoriais

    Cursos / Mércores, 8 de Maio de 2019.

    A EGAP e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convocan un curso sobre servidumes e limitacións sectoriais coa finalidade de que o alumnado poida adquirir os coñecementos necesarios en relación coa normativa que regula as diferentes afeccións sectoriais e os seus procedementos de tramitación, as interaccións entre elas e a súa compatibilidade co planeamento. 


    Edicións:
    • Vigo: os días 13, 24 e 27 de maio e 3 e 10 de xuño na Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Doutor Cadaval, 5.
    • A Coruña: os días 14, 21, 28 de maio e 4 e 11 de xuño na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Federico Tapia, 64.
    • Santiago de Compostela: os días 15, 16, 23 de maio; 6, 13 e 20 de xuño na sede de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, praza da Quintana, 1; aula de formación.
    Horario: O curso desenvolverase ordinariamente, en horario de mañá, das 10.00 ás 14.15 horas, e de tarde, das 15.45 ás 20.00 horas, nas datas indicadas para cada unha das edicións, fóra dos días 15 e 16 de maio na edición de Santiago, onde o horario será soamente de tarde.
    Duración: 40 horas lectivas presenciais.
    Número de prazas: 50 prazas en cada unha das edicións
    Matrícula: As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición cubrindo o formulario que para este efecto figurará na epígrafe de formación da páxina web do COAG (www.coag.es/formacion/), na sección deste curso, e acreditarán a documentación requirida e especificada no devandito sitio. O prazo da matrícula permanecerá aberto desde as 8.00 horas do 9 de maio ata as 23.00 horas do día 10 de maio de 2019, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
    Prezo
    • Persoal empregado público e colexiados do COAG subscritos ao servizo de formación: 165 €.
    • Colexiados do COAG: 215 €.
    • Solicitantes que cursasen o Curso superior de técnico de urbanismo: 135 €.
    • Resto de solicitantes: 250 €.
    O importe da matrícula, que deberá aboarse ao COAG, deberá formalizarse de acordo coas instrucións e medios de pagamento que figuran na plataforma de matriculación do COAG (www.coag.es/formacion).
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 770 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212