Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    VII Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro

    Cursos / Mércores, 10 de Xullo de 2019.

    A EGAP acollerá os días 18 e 19 de xullo o VII Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro: reformas de 2018, economía, sociedade e cultura dixitais. 


    O congreso analizará as reformas normativas de 2018 en materia de prevención e represión do branqueo de diñeiro, así como a súa incidencia na economía, sociedade e cultura dixitais, e conta cos máis destacados especialistas nacionais na materia. En particular, analizaranse a Directiva de 2018/843 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, pola que se modifica a Directiva 2015/849, relativa á prevención da utilización do sistema financeiro para o branqueo de capitais ou o financiamento do terrorismo, e a nova normativa de prevención do mesmo ano que, mediante o Real decreto lei 11/2018, do 31 de agosto, modificou a Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Datas: xoves e venres, 18 e 19 de xullo 
    Horario: de mañá e tarde
    Duración: 20 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 11 de xullo ata as 23.55 horas do 16 de xullo en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 10 de xullo ou na ficha da actividade
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 780 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212