Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios

    Cursos / Venres, 26 de Xullo de 2019.

    As autoridades e o persoal empregado público atópanse cada vez máis expostos aos riscos das accións xudiciais de exixencia de responsabilidades. En ocasións confúndense irregularidades, invalideces, nulidades e ilícitos penais. Este curso mostrará con exemplos prácticos as diferenzas entre os distintos tipos de rendición de contas, capacitando ao persoal empregado público e axentes da Administración para o mellor e máis seguro servizo público.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Datas: 4 e 5 de setembro de 2019
    Horario: día 4, en horario de mañá e tarde; día 5, en horario de mañá
    Duración: 15 horas lectivas
    Número de prazas: 80

    Matrícula: desde as 8 horas do 27 de xullo ata as 23.55 horas do 28 de agosto en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 26 de xullo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 786 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212