Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria extraordinaria de actividades en materia de igualdade e violencia de xénero

    Cursos / Venres, 20 de Setembro de 2019.

    Por mor do número de solicitudes de participación recibidas, e tendo en conta as necesidades de formación específica do persoal da Administración de xustiza de Galicia, a EGAP convoca 17 cursos e 626 prazas en materia de igualdade e violencia de xénero.


    Con esta nova convocatoria preténdese garantir que o maior número de persoas ao servizo das administracións públicas poida acceder a unha formación específica sobre estes contidos e contribuír, así, a través da capacitación do persoal, a integrar a igualdade de oportunidades de xeito transversal nas actuacións das administracións públicas de Galicia.

    Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais e da administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

    Matrícula: desde as 8 horas do 21 de setembro ata as 23.55 horas do 2 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 20 de setembro

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 797 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212