Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP forma 50 especialistas para detectar e abordar a violencia de xénero en mulleres maiores ou dependentes

    Cursos / Luns, 28 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou hoxe o curso monográfico “Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e servizos de axuda a domicilio”. Esta formación especializada, de 15 horas de duración, servirá para formar a 50 empregadas e empregados públicos para detectar e abordar a violencia de xénero en mulleres maiores ou dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria. Á inauguración do curso asistiron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos.


    A secretaria xeral da Igualdade incidiu hoxe na necesidade de visibilizar os casos de violencia de xénero entre as mulleres maiores e reforzar a atención aos colectivos vulnerables, nos que tamén se inclúen as mulleres con diversidade funcional ou discapacidade ou migrantes en situación irregular.

    No caso das mulleres maiores, sinalou que son un grupo vulnerable ante a violencia de xénero ao atoparse nunha situación de maior risco por cuestión de idade, e outros factores como a discapacidade ou o feito de residir en áreas rurais. Por iso, considera que esta formación é de gran utilidade para saber detectar os casos de violencia entre as mulleres maiores e como actuar para que moitas delas poidan saír da situación de violencia e refacer as súas vidas.

    López Abella explicou que as mulleres maiores vense afectadas polas tradicións sexistas e a asunción de roles de xénero tradicionais, o que dificulta a visibilización das situacións de violencia e polo que é preciso formación e información.

    Por outra parte, a directora da EGAP incidiu na necesidade de protexer ante a violencia de xénero aos colectivos máis vulnerables e de formar nesta materia tan sensible ao persoal empregado público que traballa directamente con eles. Ademais, a responsable do centro resaltou o esforzo da EGAP durante 2019 por consolidar a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero dentro da súa programación, tanto a través da convocatoria dun maior número de actividades como mediante a súa apertura a todos os colectivos ou a inclusión dos contidos máis relevantes dentro do programa de autoformación.

    A Xunta ten asinados acordos coas distintas consellerías para desenvolver as medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e actuar así de forma integral e transversal na loita contra a lacra. No ámbito social, o acordo coa Consellería de Política Social inclúe medidas que fan referencia á violencia de xénero nas mulleres maiores. Así, deseñaranse protocolos específicos para a atención de mulleres dos colectivos máis vulnerables; visibilizarase ás mulleres maiores en distintas campañas; e ofrecerase formación especializada aos profesionais que atende ás vítimas de violencia de xénero.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 811 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212