Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP reforza a formación práctica en contratación pública

    Cursos / Martes, 10 de Decembro de 2019.

    Esta mañá tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un obradoiro xurídico-práctico sobre contratación dirixido en exclusiva ao persoal empregado público de Galicia. Esta actividade, á que asistiron 50 persoas, tivo como finalidade comprender e coñecer en profundidade todas as fases do procedemento de contratación desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo coma o role play.


    Durante a clausura desta actividade a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, incidiu na importancia de ofrecer unha formación actualizada nesta materia, xa que a capacitación e a profesionalización do persoal con responsabilidades nesta área é fundamental para a correcta aplicación da normativa e para a consecución de políticas públicas máis sociais, sustentables e innovadoras.

    Por este motivo, engadiu, durante o ano 2020 a Escola continuará ofertando para o persoal empregado público unha formación xenérica sobre contratación pública á que se lle sumarán novos títulos centrados en aspectos máis concretos da norma e cunha vertente máis práctica.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 826 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212