Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de Xestión de entidades deportivas: retos e desafíos

    Cursos / Luns, 24 de Febreiro de 2020.

    A EGAP convoca no DOG do 24 de febreiro un curso superior sobre xestión de entidades deportivas que terá lugar os días 10, 17, 24 e 31 de marzo e 14, 21 e 28 de abril en Santiago de Compostela.


    Obxectivo: achegar as principais cuestións referentes ao proceso de xestión das entidades deportivas, facendo especial fincapé nos aspectos económicos, procedementais e lexislativos desde un punto de vista eminentemente práctico.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (autonómica e local), dos seus entes instrumentais, e das universidades do Sistema universitario de Galicia con responsabilidade na xestión de entidades e instalacións deportivas. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder outras persoas interesadas nos contidos do curso.
    Prazas: 80
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: das 16.00 ás 20.00 horas.
    Carga lectiva: 40 horas, distribuídas en 7 sesións presenciais (4 horas por xornada) + 12 horas non presenciais de traballo autónomo do alumnado.
    Inscrición: desde as 8 horas do 25 de febreiro ata as 23.55 horas do 2 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 24 de febreiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 847 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212