Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP formará á cidadanía e ao persoal empregado público sobre o uso de certificados dixitais

    Cursos / Mércores, 12 de Agosto de 2020.

    O próximo 1 de setembro terá lugar nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, para profundar sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.


    Este e-martes, de seis horas de duración en horario de mañá e tarde, tratará polo miúdo os certificados de empregado público, os certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas, o portasinaturas corporativo, o proxecto Chave 365, a Sede electrónica da Xunta de Galicia e a Sala electrónica de sinaturas.

    Os contidos do curso serán adaptados aos dous grupos de persoas ás que vai dirixida a actividade e constará dunha breve introdución xurídica común e dunha posterior práctica nas aulas de informática da Escola. A actividade contará con 29 prazas, 16 para o persoal empregado público e 13 para a cidadanía, que poderán ser solicitadas de xeito gratuíto dende mañá e ata o 25 de agosto na Zona de matrícula da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula). Cómpre destacar que a Escola adaptou a capacidade das aulas e tomou todas as medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da Covid-19.

    Os e-martes enmárcanse dentro do proxecto Universo EGAP innova, unha acción multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á auto-xestión da aprendizaxe á identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas. 
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 879 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212