Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o Issga convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Luns, 23 de Agosto de 2021.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócanse tres edicións do curso Prevención de riscos laborais. Nivel básico.


    Obxectivos: proporcionar a formación que establece o anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
    Destinatarios/as: poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e da Administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que se encontren en servizo activo, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 60 horas
    Edicións: tres
    Datas: do 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021
    Proba final: o día 19 de novembro ás 10.00 horas

    A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas. A elección dunha ou outra forma de realización das probas, dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.

    Prazas: 100 por edición

    Inscrición: desde as 9 horas do 23 de agosto ata as 23.55 horas do 1 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 960 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212