Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    Xornadas / Luns, 30 de Agosto de 2021.

    A EGAP convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia dirixidas ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais e á cidadanía.


    A actividade impartirase cunha dobre perspectiva:
    • Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
    • Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
    A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: os martes 7 e 21 de setembro de 2021.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
    Número de prazas:
    • Persoal empregado público: 16.
    • Cidadanía: 13.
    Inscrición
    • Para a xornada do día 7 de setembro: desde as 8.00 horas do 31 de agosto ata as 23.55 horas do día 2 de setembro.
    • Para a xornada do día 21 de setembro: desde as 8.00 horas do 31 de agosto ata as 23.55 horas do día 13 de setembro.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 962 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212