Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Políticas públicas para despois da crise económica

    Xornadas / Martes, 14 de Setembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do programa de actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia, o webinario Políticas públicas para despois da crise económica. Esta actividade terá lugar mediante telepresenza o 23 de setembro.


    As recentes crises económicas supuxeron un punto de inflexión en materia de política económica. As actuacións levadas a cabo permitiron mellorar algúns indicadores económicos, pero aínda non posibilitaron unha corrección completa dalgúns dos desaxustes que se produciron durante o período que durou a denominada Gran Recesión.

    As crises económicas, a pesar de implicar unha serie de efectos negativos, poden permitir detectar as nosas debilidades e ameazas para convertelas en fortalezas e oportunidades. Por este motivo, convócase este webinario co obxectivo de identificar os aspectos que se puideron mellorar coas actuacións realizadas e, ao mesmo tempo, as políticas públicas que se deberían aplicar para corrixir os problemas pendentes.

    Persoas destinatarias: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: xoves, 23 de setembro
    Modo de impartición: telepresenza
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas
    Duración: 2 horas lectivas
    Número de prazas: 60
    Inscrición: desde as 8.00 horas do 15 de setembro ata as 23.55 horas do día 17 de setembro na Zona de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 964 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212