Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina

    A Escola / Martes, 14 de Setembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística convocan un curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística. Esta actividade vai dirixida ao persoal empregado público da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia, que teña interese na materia. Terá preferencia na selección o persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da APLU e das demais entidades adscritas á dita consellería, así como o persoal técnico e xurídico de concellos adheridos á APLU que desenvolvan funcións relacionadas coa materia urbanística.


    Modalidade: presencial.
    Duración: 15 horas.
    Edicións: unha.
    Lugar: Santiago de Compostela, salón de actos da Escola Galega de Administración Pública.
    Prazas: 60.
    Datas e horario
    • Acto inaugural, día 4 de outubro ás 9.30 horas.
    • 4, 11 de outubro e 2 de novembro (3 horas): de 10.30 a 13.30 horas.
    • 18, 25 de outubro e 8 de novembro (2 horas): de 10.30 a 12.30 horas.
    Solicitudes: desde as 8 horas do 15 de setembro ata as 14 horas do 22 de setembro na Zona de matrícula.

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 966 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212