Convocadas as actividades de formación continua en materia de idiomas
Cursos / Mércores, 9 de Febreiro de 2022.
A EGAP convoca 51 edicións e 2085 prazas en materia de idiomas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia, e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Materias:
-
Actualización en lingua inglesa (niveis avanzado e intermedio)
-
Comunicación en inglés no ámbito laboral
-
Conversa en alemán
-
Conversa en francés
-
Conversa en inglés
-
Inglés para postos de atención á cidadanía
-
Inglés técnico-xurídico para o sector público
-
Lingua alemá
-
Lingua de signos
-
Lingua francesa
-
Lingua inglesa
-
Lingua italiana
-
Lingua portuguesa
-
Oratoria en lingua inglesa
Inscrición: desde as 8 horas do 10 de febreiro ata as 23.55 horas do 23 de febreiro na Zona de matrícula da EGAP. O número máximo de actividades que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres. Ademais cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado e non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na convocatoria anterior.
Probas de nivel:
-
nas actividades de teleformación: durante o prazo de presentación de solicitudes estará dispoñible unha proba de nivel orientativa na Aula virtual (acceder utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula).
-
nas actividades presenciais: o alumno debe matricularse na actividade e posteriormente realizaranse probas de nivel nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará da súa selección e da necesidade de realización da proba a través do correo electrónico, indicándolle as datas concretas, o horario e as características desta.