Curso monográfico As directrices de técnica normativa: como construír unha norma
Cursos / Xoves, 10 de Febreiro de 2022.
Hoxe en día a Administración exerce un papel esencial na regulación das relacións sociais desde todas as súas perspectivas, ben como propoñente das normas que han aprobar os respectivos parlamentos ben como lexislador material en determinados ámbitos. Para que este labor normativo se desenvolva de forma óptima, debe axustarse a unha serie de directrices que constitúen unha sorte de manual común para todas as entidades públicas.
Obxectivos: abordar, desde un punto de vista práctico, o proceso de elaboración dunha norma, analizando como se deben estruturar os contidos que a integran e que linguaxe e estilo se debe utilizar para que as normas sexan certeiras e comprensibles, así como en xeral todos aqueles aspectos que se deben observar para que a produción normativa sexa de calidade.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que se encadre nalgunha das seguintes categorías: subgrupos A1 e A2 do persoal funcionario e grupos I e II do persoal laboral.
Modalidade: presencial.
Datas: 22 e 23 de febreiro de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Horas lectivas: 16.
Número de prazas: 50
Inscrición: desde as 8 horas do 11 de febreiro ata as 23.55 horas do 14 de febreiro na Zona de matrícula.