A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan cursos en teleformación de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Inscrición: desde as 9 horas do 18 de febreiro ata as 23.55 horas do 27 de febreiro na Zona de matrícula.
CV22013: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.
Destinatarios/as:os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas/edición.
Edicións: tres.
Datas: do 9 de marzo ao 6 de maio de 2022.
Proba final: o día 6 de maio, ás 10.00 horas.
Prazas: 100 por edición
CV22012: Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre. Nivel básico.
Destinatarios/as: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas/edición.
Edicións: unha.
Datas: do 16 de marzo ao 13 de maio de 2022.
Proba final: o día 13 de maio, ás 10.00 horas.
Prazas: 100.