Cursos sobre TIC, administración electrónica e protección de datos
Cursos / Venres, 25 de Febreiro de 2022.
A Escola Galega de Administración Pública, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca 88 actividades sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia,
Matrícula: desde as 8 horas do 26 de febreiro ata as 23.55 horas do 11 de marzo na Zona de matrícula da EGAP. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.