Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    III Curso superior de inspección ambiental de Galicia

    Cursos / Xoves, 3 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca esta actividade co obxectivo de afondar no coñecemento da actividade de inspección ambiental, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica. Ademais, pretende formar os asistentes no coñecemento da normativa e dos procedementos de inspección ambiental e, de maneira específica, nas actividades de prevención e control integrado da contaminación (IPPC) no campo industrial e no de residuos; dotar o alumnado dos coñecementos e das habilidades necesarias para exercer as súas funcións adaptándose ás novas exixencias e cambios producidos nos últimos anos; e abordar o réxime de responsabilidade ambiental e de emerxencias do Plan Camgal.


    Persoas destinatarias: o curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo A1 da Administración pública autonómica de Galicia, que realice funcións de inspección ambiental ou funcións relacionadas coa calidade ambiental e a avaliación ambiental que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderanse cubrir por persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo A1 e A2 da Administración pública autonómica de Galicia, que estea en posesión da titulación universitaria en química, bioloxía, enxeñaría ou veterinaria e realice funcións relacionadas coa inspección, sempre que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    Número de prazas: 40
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: do 14 de marzo ao 10 de xuño (luns e venres).
    Horas lectivas: 50.
    Horario: de mañá.
    Inscrición: desde as 8 horas do 4 de marzo ata as 23.55 horas do 9 de marzo na zona de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1011 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212