Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A intelixencia artificial na Administración

    Cursos / Xoves, 2 de Xuño de 2022.

    Os extraordinarios avances tecnolóxicos dos últimos anos xeraron a irrupción da denominada “intelixencia artificial”, que se está a introducir en todos os sectores empresariais, así como na Administración, o que fai necesario abordar a súa regularización. Actualmente, estase a tramitar unha proposta da Comisión Europea de Regulamento sobre intelixencia artificial, que abordará os seus principais aspectos xurídicos no marco da Unión Europea. 


    Neste curso tratarase o uso que, na actualidade, fai o sector público da intelixencia artificial como soporte para tomar decisións que deben ser obxecto de control e impugnación, analizando particularmente o caso da Administración local. Ademais, abordaranse aspectos relacionados coa propiedade industrial e intelectual, como a titularidade das obras e invencións xeradas pola intelixencia artificial no ámbito da Administración pública. 

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais; da Administración institucional, da Administración local e das universidades do sistema universitario de Galicia; e a profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: Salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Modalidade: presencial.
    Datas: 9 e 10 de xuño de 2022.
    Horario: día 9 de mañá e tarde, día 10 de mañá.
    Horas lectivas: 10.
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local. 
    Inscrición: desde as 8 horas do 4 de xuño ata as 23.55 horas do 7 de xuño na área de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha e programa do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1038 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212