Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas
Xornadas / Xoves, 25 de Agosto de 2022.
A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 13 de setembro.
Persoas destinatarias:
-
O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
-
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 13 de setembro de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Prazas: 50
Matrícula: desde as 8 horas do 26 de agosto ata as 23.55 horas do 8 de setembro