Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria extraordinaria do programa de autoformación

    A Escola / Martes, 27 de Setembro de 2022.

    Ante o elevado número de solicitudes rexistradas para o programa de autoformación de 2022, a EGAP convoca 4.400 prazas para novas probas de avaliación do dito programa. Estas probas van dirixidas ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia.


     Acceso aos contidos
    • Poderase acceder aos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 20 de decembro de 2022 tras facer a correspondente solicitude na área de matrícula.
    • Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
    • O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
    • O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado.
    Acceso ás probas de avaliación:
    • As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado.
    • O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8 horas do 28 de setembro ata as 14 horas do 14 de outubro.
    • O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1061 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212