Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Aprobado o próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Xoves, 2 de Febreiro de 2023.

    O Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía reuniuse esta tarde na Escola Galega de Administración Pública e tamén por videoconferencia para aprobar o número 2 do volume 17, correspondente ao segundo semestre de 2022.


    O próximo exemplar da revista incluirá os artigos Suficiencia e nivelación no novo financiamento autonómico: recursos dispoñibles ou necesidades reais?, redactado por David Cantarero Prieto, Ana Carrera Poncela e Natividad Fernández Gómez, pertencentes ao departamento de Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Cantabria; O pensamento conservador actual: García-Pelayo, Forsthoff e Legendre acotan a Legutko, de Francisco Vila-Conde, contratado predoutoral FPU de Filosofía do Dereito da Universidade Autónoma de Madrid; O federalismo belga: autogoberno, fragmentación e estabilidade: equilibrios internos en entornos inestables; de Daniel Casal Oubiña, profesor asociado en Ciencias Políticas e da Administración da Universidade Complutense de Madrid; Tendencia e atributos do concepto epistémico "Galicia" tras o Estatuto de Autonomía: o caso Scopus, de Javier Seijo Villamizar, profesor internino de sustitución de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela; e Oportunidades da economía galega post covid 19: a recuperación no ámbito industrial, enerxético e ambiental, elaborado por Fernando Blanco Silva, doutor, enxeñeiro industrial e economista, e por Diego Sande Veiga, profesor interino de substitucioón de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.

    O número completarase coa nota Fórmulas de xestión indirectas (contractuais e non contractuais) na nova Lei 12/2022, do 21 de decembro, de Servizos Sociais da Comunidade de Madrid: primeiro regulamento do "concerto social" en Madrid, redactada por Ximena Lazo Vitoria, profesora titular de Dereito Administrativo e Coordinador do Grupo de Investigación Compra Pública Verde da Universidade de Alcalá. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1091 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212