Conferencia O dereito cidadán á boa Administración
Xornadas / Mércores, 15 de Marzo de 2023.
Con motivo da Semana do Goberno aberto, a Escola Galega de Administración Pública, convoca para o próximo luns día 20 de marzo unha xornada sobre o dereito cidadán á boa Administración que será impartida por Jaime Rodríguez-Arana, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia; así como a profesionais e persoas interesadas en xeral.
Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Modalidade: presencial.
Data: 20 de marzo
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Horas lectivas: 2.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local
Inscrición: desde as 9 horas do 16 de marzo ata as 10 horas do día 20 de marzo na área de matrícula.