Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Taller de avaliación de políticas públicas

    Cursos / Luns, 22 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do nstituto de Economía Pública de Galicia, convoca un taller na modalidade de telepresenza co obxectivo principal de abordar a avaliación das políticas públicas, tanto desde un punto de vista teórico como práctico.


    Contidos:
    • Fundamentos da avaliación (tipoloxías de avaliación, criterios, matriz, fontes de información, boas prácticas, importancia dos datos na construción de indicadores).
    • Avaliación de impacto (principio de causalidade e revolución experimental, nesgo de selección e técnicas observacionais).
    • Avaliación económica.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.
    Datas: 29, 30 e 31 de maio; 1 e 2 de xuño.
    Modalidade: telepresenza.
    Horario: das 9.30 ás 11.30 horas.
    Horas lectivas: 10.
    Prazas: 25
    Matrícula: desde as 9.00 horas 23 de maio ata as 23.59 horas do día 24 de maio na área de matrícula
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1127 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212