Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP analiza os retos do emprego público no século XXI

    Cursos / Xoves, 5 de Outubro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde unha sesión formativa dirixida a analizar os retos do emprego público no século XXI. Esta acción enmárcase dentro do curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia, dirixido ao persoal directivo e predirectivo da Administración autonómica, que desde o mes de abril está a formar a 30 persoas en materias coma a comunicación, as novas tecnoloxías, a xestión de recursos humanos ou a economía pública. 


    A sesión foi introducida polo director xeral da Función Pública, José María Barreiro, e pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos. Esta última, na súa intervención, destacou o incremento da formación sobre emprego público nos plans de formación anuais, converténdose nunha das liñas estratéxicas da Escola. Neste senso, aludiu tamén á creación do ciclo “Presente e futuro do emprego público na Administración pos-Covid”, un formato baixo o que se convocan desde o 2020 numerosos webinarios sobre aspectos concretos da materia.

    Os relatorios foron impartidos polos catedráticos de Dereito administrativo, Luis Miguel Arroyo Yanes e Jesús Fuentetaja Pastor.

    Curso superior de planificación estratéxica
    O curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia é unha actividade de 40 horas convocada pola Escola Galega de Administración Pública co obxectivo de amosar os principais retos e medidas en materia de planificación estratéxica da economía pública galega, co fin de garantir o desenvolvemento económico sostible e asegurar que os recursos públicos se utilicen de maneira responsable e eficiente.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1158 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212