Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de técnico de urbanismo 2024/25

    Cursos / Xoves, 25 de Xaneiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o Curso superior de técnico de urbanismo 2024/25 co obxectivo de que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que o capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo


    O curso está dirixido a profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
    1. Persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e persoal laboral dos grupos I e II das administracións públicas galegas que realicen, un e outro persoal, funcións relacionadas co contido do curso.
    2. Arquitecto/a colexiado/a no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (en diante, COAG).
    3. Profesionais que estean en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica, así como o persoal en posesión da dita titulación, contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Datas: a programación lectiva da parte troncal do curso (bloque I) desenvolverase entre o mércores 21 de febreiro de 2024 e o xoves 14 de novembro de 2024. As sesións destinadas a correccións e exposicións dos traballos individuais terán lugar no primeiro trimestre de 2025 e serán fixadas conxuntamente co alumnado. A programación detallada dos módulos optativos facilitaráselle ao alumnado en setembro de 2024.
    Horario: o curso desenvolverase ordinariamente os xoves, en horario de mañá, das 10.00 ás 14.15 horas, e de tarde, das 15.45 ás 20.00 horas (un total de 8 horas lectivas por día cun descanso de 15 minutos en cada unha das partes), aínda que, con carácter excepcional, algunhas das xornadas do curso, por cuestións organizativas, terán lugar noutro día. No programa do curso, que se publicará na páxina web do COAG (https://portal.coag.es), incluirase un calendario onde estarán identificadas todas as datas e o día da semana en que se desenvolverá cada unha das xornadas.
    Duración: terá unha duración de 256 horas troncais + 32 optativas. A duración do traballo individual cífrase en 62 horas, polo que no certificado final se consignarán 350 horas lectivas.
    Número de prazas: 40
    Inscrición: a través da páxina web do COAG (https://portal.coag.es) desde as 9 horas do 26 de xaneiro. A información relativa ao procedemento de matrícula está dispoñible na páxina web do COAG na sección do curso. O importe da matrícula é de tres mil catrocentos cincuenta euros (3.450 €), salvo o disposto nas excepcións recollidas na convocatoria. 


    Para formular consultas á Área de Formación do COAG, en relación con calquera aspecto deste curso, están dispoñibles os seguintes medios:
    • Colexiados/as: a través do panel de servizos do COAG, sección de Formación.
    • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
  • Recursos
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Máis información  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1180 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212