Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre custos simplificados nos fondos europeos do Marco 2021-2027

    Cursos / Mércores, 14 de Febreiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto Galego de Economía Pública de Galicia e en colaboración coa Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, convoca un curso dirixido a formar o persoal dos organismos xestores dos programas de fondos europeos no ámbito das opcións de custos simplificados recollidas na normativa de aplicación aos fondos europeos do Marco financeiro plurianual 2021-2027, así como o persoal de todas aquelas unidades administrativas que participan no proceso de elaboración e aprobación de bases reguladoras e convocatorias de axudas cofinanciadas con fondos europeos.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Terá preferencia na selección, en caso de completar a capacidade do local, o persoal que realice tarefas de xestión en proxectos financiados con fondos europeos do Marco financeiro plurianual 2021-2027.
    Datas: 21 e 22 de febreiro de 2024.
    Modalidade: presencial.
    Horario: de mañá e tarde o día 21 e de mañá o día 22.
    Horas lectivas: 13.
    Lugar: EGAP; rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Inscrición: desde as 9 horas do 15 de febreiro ata as 23.59 horas do 18 de febreiro na área de matrícula da Escola. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1186 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212