Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O próximo número da revista A&C abordará a regulación legal da intelixencia artificial

    Publicacións / Xoves, 15 de Febreiro de 2024.

    Esta tarde reuniuse, de xeito presencial na Escola Galega de Administración Pública e tamén a través de videoconferencia, o Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do volume 18 número 2.


    O próximo exemplar da revista incluirá os artigos O convenio sobre intelixencia artificial, dereitos humanos, democracia e Estado de Dereito do Consello de Europa, redactado por Lorenzo Cotino Hueso, catedrático de Dereito constitucional da Universidade de Valencia; A acción concertada tras a doutrina asade: do desconcerto á incerteza, de Luis Manent Alonso, avogado da Generalitat Valenciana na Consellería de Sanidade; Situación da pesca artesanal en Galicia e retos ecosistémicos para unha nova axenda política de cambio social transformador, de Javier Seijo Villamizar, profesor interino da Universidade de Santiago de Compostela; A influencia do hábitat sobre o voto. O caso de Galicia (2000-2020), de Luis Barreiro Castro, doutor en Socioloxía e funcionario do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia; e Os beneficios fiscais na modalidade TPO para adquisición de vivenda por mozos establecidos polas comunidades autónomas do noroeste peninsular nun contexto de crise demográfica, de José Manuel González Dona, profesor interino da Universidade de Santiago de Compostela.

    O número completarase coas notas Comunidades enerxéticas locais e reto demográfico: oportunidades para a loita contra o despoboamento, de Paula Mª Tomé Domínguez, da Universidade de Salamanca; e O papel da extrafiscalidade do iptu verde para o empoderamento social local e a formación de comunidades enerxéticas no Brasil, de Betieli da Rosa Sauzem Machado e Ricardo Hermany, da Universidade de Salta Cruz do Sul.

    Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública, no enderezo https://egap.xunta.gal/revistas/AC
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1188 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212