Curso básico de PRL
A Escola / Martes, 12 de Marzo de 2024.
Nova convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, convoca tres edicións dun curso básico en prevención de riscos laborais, impartido na modalidade de teleformación.
Persoas destinatarias: os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Edicións: tres
Prazas por edición: 100
Modalidade: teleformación
Datas: do 14 de abril ao 14 de xunio de 2024.
Matrícula: desde as 9.00 horas do 15 de marzo ata as 23.55 horas do 25 de marzo na área de matrícula da EGAP.