Convocatoria de actividades de formación dirixidas ao persoal da administración local da comunidade autónoma de Galicia
A Escola / Luns, 18 de Marzo de 2024.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 35 actividades de formación 1.577 prazas correspondentes a formación dirixidas ao persoal da administración local da comunidade autónoma de Galicia
Persoas destinatarias: O persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, o persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da policía local e bombeiros.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 19 de marzo de 2024 ata 14:00 horas do 27 de marzo na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.