Curso de Formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal de distintos centros de traballo de Ourense.
A Escola / Xoves, 18 de Abril de 2024.
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con Cualtis SLU, convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: “Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación”, para o persoal de distintos centros de traballo de Ourense; Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense, Avenida de Zamora 13, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en Ourense (ISSGA), Servizo de Montes, Servizo de Prevención de Incendios Forestais, Distrito Forestal XII, emprazados no centro de traballo sito na rúa Villaamil e Castro, s/n e Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), rúa do Progreso 117.
Destinatarios: Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que ostente a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención. Criterios de
Selección: O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.
Curso: CV24059 Formación en Prevención de Riscos Laboráis: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
Prazas: 25
Modalidade: presencial
Edicións: cinco