Convocatoria de actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia
A Escola / Mércores, 10 de Xullo de 2024.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 23 actividades de formación continua e 1.105 prazas para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia.
Persoas destinatarias: O persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 11 de xullo de 2024 ata 14:00 horas do 22 de xullo na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.