Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre
A Escola / Luns, 22 de Xullo de 2024.
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, convoca unha edición do curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre.
Persoas destinatarias: empregados, traballadores por conta allea ou autónomos, traballadores designados e delegados de prevención, empresarios e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.
Edicións: unha
Prazas: 100
Modalidade: teleformación
Datas: do 24 de setembro ao 22 de novembro de 2024.
Matrícula: desde as 9 horas do 26 de agosto ata as 23.55 horas do 5 de setembro na área de matrícula da EGAP.