Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025

    A Escola / Mércores, 14 de Maio de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 2 actividades e 75 prazas correspondentes a formación en linguaxe xurídica galega.



    Persoas destinatarias: Os cursos van dirixidos a maxistrados/as, xuíces/as, fiscais, letrados/as da Administración de Xustiza, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data desta resolución se atopen en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 15 de maio de 2025 ata 14:00 horas do 21 de maio na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a un.
  • Recursos
  •   https://egap.xunta.gal/matricula  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1272 de 1281
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212